Foi unha xornada fermosa, na que disfrutamos como familia arciprestal en torno as celebracións xubilares. Saímos cedo para aproveitar o día. A mañá adicámola a viaxar e a disfrutar da cidade de Santiago, para rematar coa celebración da Eucaristía, que estivo animada musicalmente pola particpación do coro arciprestal.
O rematar a Misa disfrutamos do Botafumerio, que fixo das suas: ¡botar fume!
Comemos no Mosteiro San Martiño Pinario, frente á Catedral, e despois de unha hora libre voltamos cara Ourense, deténdonos en oseira para rezar Vésperas cos monxes cistercienses e para visitar o Mosterio.
Damos gracias a Deus por unha xornada feliz e tranquila, vivida en armonía e comunión entre todos.
¡A preparar a próxima!
No hay comentarios:
Publicar un comentario