Ofrenda o Apóstolo Santiago
(Sr. Arcipreste, D. Álvaro Selas Gómez)
Apóstol Santiago, hoxe chegamos onda ti, os fieis das Parroquias do Arciprestazgo de Bande, da Diocese de Ourense: dos Concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muiños.
Queremos en primeiro lugar darche gracias pola tua testemuña da fe. Tamén nós un día fomos alcanzados polo gran don da fe, que recibimos por medio do bautismo e que foi medrando gracias as nosas familias, as nosas parroquias, e tamen gracias as circunstancias da vida, non sempre favorables, que nos axudaron a medrar na fe.
Ante os teus restos queremos, Señor Santiago, renovar este gran don, e pedirche especialmente polo Santo Padre, Benedicto XVI, para que nos siga guiando coa sua palabra e coa sua entrega hacia Xesucristo, Verdade e Camiño decisivo para as nosas vidas.
Somos un grupo dos moitos feligreses que viven nas nosas parroquias. Pedímosche por eles e por todas as suas intencións. Especialmente encomendamos a tua intercesión a vida de tantos irmáns nosos que viven lonxe da su terra, e a quenes nunca podemos esquencer.
A nosa zona ten moita xente maior que cada vez precisa máis coidados. Pedímosche para todos eles a tua bendición, e que nós saibamos ser xenerosos e adicarlles o mellor de nós mesmos: o noso amor e o noso tempo.
O mozos e nenos precisan tamén de túa axuda para medrar e para coñecer a Xesús. Ti, que fuches amigo de Xesús, ensínalles nos seus corazóns a coñecelo, a amalo e a seguilo co entusiasmo e a forza da súa xuventude.
Cómo non pedirche pola paz: no mundo, na nosa patria, nas nosas parroquias, nos nosos fogares e no noso corazón. É ahí, no corazón de cada un de nós onde queremos que xermole a semente de vida e de esperanza que trouxo a Pascua de de Xesucristo.
Gracias, Señor Santiago, por acollernos na tua Casa. Olla por nós e como patrón e protector de Galicia intercede ante Xesucristo, para que guiados polo Espírito Santo sigamos a camiñar tra-las suas pegadas, sementando amor, xenerosidade e paz, que sexan testemuña viva do amor misericordioso de Deus Pai.
No hay comentarios:
Publicar un comentario