Onte con gran alegría acollemos no Arciprestazgo de Bande a Cruz dos Xóvenes que chegaba a Muiños para facernos disfrutar da cercanía de Xesucristo, da sua presencia e do seu amor por medio de esta Cruz.
Transportada en barca dende Porto Quintela ata Muiños estivo escoltada por xóvenes nas suas piragüas do Clube Fontefría de Muiños. Na orilla os xóvenes da Delegación fixéronlle entrega da Cruz os xóvenes do Arciprestazgo. Déuxe a benvida o Banda de Gaitas de Lobeira que nos axudou a prepararnos para o momento de oración.
O Coro do Arciprestazgo de Bande acompañou a celebración cos seus cantos.
Numerosos fieis das distintas parroquias do Arciprestazgo achegáronse para esta fermosa acollida de Cruz, e despois antes de partir bicárona, abrazárona e deixaron sentir "a forza da Cruz".
A nosa gratitude os Concellos de Muiños, Bande e Lobeira. A Guardia Civil de Bande e Lobios, Protección Civil de Muiños e Bande. Ó Clube Fontefría, Disco Movil Baixa Limia, o Coro do Arciprestazgo da Baixa Limia, e a todos os que dun xeito ou otro colaboraron nesta celebración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario