Nuevo Obispo

ENVÍANOS TUS NECESIDADES

ENVÍANOS TUS NECESIDADES
REZAMOS POR TÍ

domingo, 30 de mayo de 2010

Hijas de María en Bande



Coma cada derradeiro domingo do mes de Maio, as Fillas de María celebraron a Festa en honor a Santísima Virxe María, para concluir o Mes de Maio, Mes de María e das flores.

As rúas do pobo de Bande foron testemuñas, unha vez máis, do fervor e da piedade mariana desta Parroquia.



Qué a Virxe María interceda sempre por todos nos.

Unción dos Enfermos en Entrimo


Onte sábado na Parroquia de Santa María A Real de Entrimo, administrouse a Unción dos Enfermos a un nutrido grupo de enfermos e maiores da Parroquia. Convocados e animados por D. José Ramón acudiron na Misa de 8 da tarde a recibir o Sacramento que conforta, alivia e fortalece a alma e máis o corpo.


O seu remate fixeron unha foto de familia, confortados por os mesmos sacramentos, afianzados nunha mesma esperanza e colmados dunha mesma ledicia.

O coro de Parroquia acompañou cos seus cantos esta celebración.

Noraboa a tod@s

jueves, 27 de mayo de 2010

Pereginación do Clero de Galicia a Santiago

Esta mañá démonos cita en Santiago unhos 300 curas das diócesis de Galicia, para celebrarmos xuntos neste Ano Compostelano e Sacerdotal a Festa de Xesucristo Sumo e Eterno Sacerdote.

Acompañados polos cinco bispos de Galicia, e máis por dous obispos eméritos de Tuy-Vigo, D. José Diéguez e D. José Cerviño, disfrutamos dun fermoso día de convivencia e peregrinación sacerdotal.

A Xornada comezou coa acollida no Monte do Gozo as 10.30 h. Xuntos fixemos unha oración, e despois da catequese do noso Administrador Apostólico, D. Luis Quinteiro Fiuza, recibimos a bendición dos peregrinos para comezar a pé a nosa peregrinaxe dende o Monte do Gozo ata a Catedral de Santiago.

Unha vez chegados a Santiago tódo-los sacerdotes revestimonos no Seminario e saímos en procesión, pasando pola praza da Quintana e entrando a Catedral pola Porta Santa. O Sr. Arcebispo de Santiago presidiu a concelebración. O seu remate compartimos unha comida fraterna en San Martiño Pinario.
Do noso Arciprestazgo participamos en representación dous sacerdotes.

Santiago Apóstol, ora pro nobis.

miércoles, 26 de mayo de 2010

Santa María de Olelas

La Parroquia de Olelas celebra cada año la fiesta en honar a la Virgen María, su Patrona y titular, el martes después de Pentecostés. Debido a la numerosísima emigración de la población, especialmente a Francia, siempre se repite esta fiesta el 13 de agosto, coincidiendo con las vacaciones de los vecinos que se encuentran lejos de su tierra. Esta fiesta de agosto es conocida como la "Festa dos emigrantes".

La celebración del mes de agosto comienza de vísperas, el 12 por la noche con la "festa das acordeóns".

Este año la fiesta estuvo marcada por la amenaza de agua, propia de la tormenta, que finalmente descargó sobre el pueblo de Olelas. Pero esto no mpidió que se celebrase solemnemente la procesión con la imagen de la Virgen María, y luego la Santa Misa.



Felicidades a tódolos veciños de Olelas

Celebracións na Residencia de Bande


Onte foi un día de gracia na Residencia de Maiores de Bande.

Pola mañá ás 10.30 h., D. Lisardo e D. Jorge Juan confesaron un grupo de ancianos, que recibiron o sacramento do perdón.


Pola tarde as 16.00 h., acompañados por D. José Ramón, os ancianos recibiron a Santa Unción e participaron na celebración da Eucaristía.

Foi un día fermoso e moi especial para este grupo de maiores que tanto desexaban recibir e celebrar os sacramentos. Non podían ocultar a sua felicidade e gratitude.




A nosa felicitación a todos eles, e a nosa gratitude a Dirección da Residencia que sempre nos facilita todo e que tanto se preocupa polo ben espiritual dos residentes.



¡ Un saudiño para todos !

lunes, 24 de mayo de 2010

Festa a Virxe do Viso


Onte, día de Pentecostés, celebrouse no Santuario do Viso a Festa na honra da Virxe do Viso.



A primeira hora da máña celebrouse a Misa en Lobeira e despois subiuse en procesión a imaxe da Virxe hasta o Santuario. Alí tivo lugar a Misa Solemne presidida por D. José, Párroco de Cartelle, e concelebrada polo Sr. Arcipreste, D. Álvaro; e mais D. Emerio, párroco de Acevedo e D. Emilio Losada Castiñeiras.


Acompañou a celebración da Misa A Coral da Deputación de Ourense e a Banda de Música do Concello de Lobios.

O Párroco, D. José, quixo darlle unha dimensión de convivencia sacerdotal a festa da Virxe do Viso. A comida sumáronse outros compañeiros sacerdotes do Arciprestazgo.

As 18.00 h. fixose unha breve procesión e outra Misa.

Achegáronse fieis de moitas parroquias do Arciprestazgo que ateigaron o campo do Viso e as suas inmediacións.

Que a Virxe do Viso intecerda por todos os seus fillos.

viernes, 21 de mayo de 2010

Peregrinación Xubilar


Como xa viñamos anunciando o pasado mércores 19 de maio peregrinamos a Compostela, a tumba do Apostolo Santiago un total de 305 peregrinos das Parroquias do Arciprestazgo.


Foi unha xornada fermosa, na que disfrutamos como familia arciprestal en torno as celebracións xubilares. Saímos cedo para aproveitar o día. A mañá adicámola a viaxar e a disfrutar da cidade de Santiago, para rematar coa celebración da Eucaristía, que estivo animada musicalmente pola particpación do coro arciprestal.

O rematar a Misa disfrutamos do Botafumerio, que fixo das suas: ¡botar fume!


Comemos no Mosteiro San Martiño Pinario, frente á Catedral, e despois de unha hora libre voltamos cara Ourense, deténdonos en oseira para rezar Vésperas cos monxes cistercienses e para visitar o Mosterio.

Damos gracias a Deus por unha xornada feliz e tranquila, vivida en armonía e comunión entre todos.

¡A preparar a próxima!


jueves, 20 de mayo de 2010

Ofrenda do Arciprestazgo o Apostolo Santiago





Ofrenda o Apóstolo Santiago

(Sr. Arcipreste, D. Álvaro Selas Gómez)

Apóstol Santiago, hoxe chegamos onda ti, os fieis das Parroquias do Arciprestazgo de Bande, da Diocese de Ourense: dos Concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muiños.

Queremos en primeiro lugar darche gracias pola tua testemuña da fe. Tamén nós un día fomos alcanzados polo gran don da fe, que recibimos por medio do bautismo e que foi medrando gracias as nosas familias, as nosas parroquias, e tamen gracias as circunstancias da vida, non sempre favorables, que nos axudaron a medrar na fe.

Ante os teus restos queremos, Señor Santiago, renovar este gran don, e pedirche especialmente polo Santo Padre, Benedicto XVI, para que nos siga guiando coa sua palabra e coa sua entrega hacia Xesucristo, Verdade e Camiño decisivo para as nosas vidas.

Somos un grupo dos moitos feligreses que viven nas nosas parroquias. Pedímosche por eles e por todas as suas intencións. Especialmente encomendamos a tua intercesión a vida de tantos irmáns nosos que viven lonxe da su terra, e a quenes nunca podemos esquencer.

A nosa zona ten moita xente maior que cada vez precisa máis coidados. Pedímosche para todos eles a tua bendición, e que nós saibamos ser xenerosos e adicarlles o mellor de nós mesmos: o noso amor e o noso tempo.

O mozos e nenos precisan tamén de túa axuda para medrar e para coñecer a Xesús. Ti, que fuches amigo de Xesús, ensínalles nos seus corazóns a coñecelo, a amalo e a seguilo co entusiasmo e a forza da súa xuventude.

Cómo non pedirche pola paz: no mundo, na nosa patria, nas nosas parroquias, nos nosos fogares e no noso corazón. É ahí, no corazón de cada un de nós onde queremos que xermole a semente de vida e de esperanza que trouxo a Pascua de de Xesucristo.

Gracias, Señor Santiago, por acollernos na tua Casa. Olla por nós e como patrón e protector de Galicia intercede ante Xesucristo, para que guiados polo Espírito Santo sigamos a camiñar tra-las suas pegadas, sementando amor, xenerosidade e paz, que sexan testemuña viva do amor misericordioso de Deus Pai.









martes, 18 de mayo de 2010

PEREGRINACIÓN A COMPOSTELA




Xa estamos en marcha

Mañá, ¡ a madrugar !


Saímos as 7.30 h.


Autobús 1: S. Paio - Torno - Pazó - Santa Comba - Bande
Autobús 2: Rio Caldo - Lobios - Compostela - As Conchas - Santa Cruz - Lobeira - Bande
Autobús 3: Entrimo - Galez - Bande
Autobús 4: Grou - S. Xés - Parada de Monte - Santa Cristina - Bande
Autobús 5: Calvos de Bande - Corbelle - Bande - Ourense
Autobús 6: Porqueirós - Xermeade - Prado - Reparade - Muiños - Barxés - Souto - Bande

PROGRAMA DE LA PEREGRINACIÓN


7.30 - Salida de los Autobuses

8.30 - Salida de Bande

10.30 - Llegada a Santiago de Compostela

12.45 - Misa en la Catedral

14.00 - Comida en el Monasterio San Martiño Pinario de Santiago (frente a la Catedral)

16.45 - Salida de los Autobusés (Aparcamiento Juan XXIII)

18.00 - Visita al Monasterio de Oseira

19.00 - Oración de Vísperas con los Monjes Cistercienses (Oseira)

19.30 - Salida de Oseira




lunes, 17 de mayo de 2010

Novena á Virxe do Viso



¡ XA COMEZOU A NOVENA Á VIRXE DO VISO !


DO 14 Ó 23 DE MAIO

TODOS OS DÍAS

20.00 h. Rosario Meditado

20.30 h. Eucaristía


Sábado 22 de Maio

19.00 h. Procesión dende o Santuario do Viso hasta Igrexa Parroquial de Lobeira
Na Igrexa Parroquial: Novena e Misa

Domingo 23 de Maio

10.30 h. Igrexa Parroquial de Lobeira (Misa "Pro defunctis")
Procesión hacia o Santuario do Viso

13.30 h. Concelebración Eucarística

18.00 h. Misa e Procesión ó redor do Santuario


Este ano predicaron a Novena:

D. Carlos Janeiro, Vicario parroquial de Santo Domingo (Ourense)
D. Félix Álvarez, Secretario da Vicaría de Pastoral
D. Miguel, Diácono na PArroquia da Asunción (Ourense)
D. Jonatán, Diácono na Parroquia de Santa Teresita (Ourense)

O Sábado predicará a Novena D. Evaristo Rúa Prieto, Director da Casa Sacerdotal de Ourense

sábado, 15 de mayo de 2010

Unción de Enfermos en Bande

Con motivo das celebracións do Día do Enfermo, esta tarde tivo lugar unha celebración comunitaria da Unción de Enfermos na parroquia de Bande.

Recibiron previamente a confesión individual e despois a Unción de Enfermos unhos 38 fieis da Parroquia. O Luns recibirana os enfermos das casas e mais os da Residencia da Terceira Idade de Bande.

San Isidro en Quintela




Tamén na parroquia da Illa, no pobo de Quintela honrraron esta mañá o seu patrón San Isidro, con unha procesión co Santo e a continuación a celebración de Eucaristía.

San Isidro (Corbelle)



No pobo de Corbelle celebrouse esta mañá as 12.00 h. a Festa na honra de San Isidro. Os veciños de pobo viviron con ledicia este día de festa.


Algunhos aproveitaron para apuntarse finalmente á peregrinación a Santiago de Compostela.

jueves, 13 de mayo de 2010

Con el Papa en Fátima

Una pequeña representación del Arciprerstazgo, de las parroquias de Muiños, Cados y Prado de Limia, participó en la Eucaristía celebrada por el Papa Benedicto XVI en el Santuario de Fátima el pasado 13 de Mayo.




A su llegada a la explanada del Santuario, Benedicto XVI fue recibido con un canto compuesto para la ocasión:

!Benvido, Benvido, Pastor universal, Santo Padre, Benvido a Portugal!


Después de recorrer la explanada el Santo Padre se dirigió a las escaleras que dan acceso al altar para celebrar la Eucaristía.




Al término de la celebración tuvo lugar el emotivo "Adeus" mientras la imagen de la Virgen regresaba desde el altar hasta la Capelinha.

domingo, 2 de mayo de 2010

Baixada da Clamadoira


El sábado 1 de mayo tuvo lugar la tradicional Baixada da Clamadoira desde su Santuario hasta la Iglesia Parroquial de San Pedro de Muiños. Allí permanecerá hasta el mes de agosto en que subirá de nuevo a su Capilla.


Numerosos fieles de las parroquias vecinas participaron en esta hermosa procesión mariana.

AS PARROQUIAS


ARAUXO, S. Martiño

Arauxo - Lobios - 32879

Rvdo. Sr. D. Álvaro Selas Gómez



ARAUXO, S. Paio

Arauxo - Lobios - 32879

Rvdo. Sr. D. Florentino Cortés Domínguez



BANDE, S. Pedro

Bande - 32840

Rvdo. Sr. D. Jorge Juan Pérez Gallego



BAÑOS DE BANDE, S. Xoán

Bande - 32848

Rvdo. Sr. D. Segundo Fernández Movilla



BARXÉS, Sta. María

Barxés - Muiños - 32897

Rvdo. Sr. D. Manuel de la Fuente Velo



CADÓS, Santiago

Cadós - Bande - 32849

Rvdo. Sr. D. Segundo Fernández Movilla



CÁDOS, Santa Mariña

Cadós - Muiños - 32898

Rvdo. Sr. D. Florentino Cortés Domónguez



CALVOS DE BANDE, Santiago

Calvos de Bande - Bande - 32849

Rvdo. Sr. D. Jorge Juan Pérez Gallego



CELA A, Santa María

Lobios - 32879

Rvdo. Sr. D. Florentino Cortés Domínguez



CORBELLE, Santa María

Bande - 32849

Rvdo. Sr. D. Jorge Juan Pérez Gallego



COUSO DE SALAS, Santiago

Muiños - 32880

Rvdo. Sr. D. Jonatán Pousada Álvarez



ENTRIMO, Santa María a Real

Entrimo - 32860

Rvdo. Sr. D. Jacobo Curto Polo



FORNADEIROS, San Pedro

Muiños - 32880

Rvdo. Sr. D. Manuel de la Fuente Velo



FRAGA, San Bartolomeu

Lobeira - 32858

Rvdo. Sr. D. Roberto Álvarez Sánchez



GALEZ, San Fiz

Feira Vella - 32860 (Entrimo)

Rvdo. Sr. D. Jacobo Curto Polo



GARABELOS, San Xoán

Bande - 32847

Rvdo. Sr. D. Jorge Juan Pérez Gallego



GROU, San Mamede

Bande - 32870

Rvdo. Sr. D. Roberto Álvarez Sánchez



GROU, San Martiño

Bande - Cabaleiros - 32897

Rvdo. Sr. D. Segundo Fernández Movilla



GROU, Santa Cruz

Bande - Cabaleiros - 32897

Rvdo. Sr. D. Segundo Fernández Movilla



ILLA, San Lourenzo

Entrimo - 32869

Rvdo. Sr. D. Jacobo Curto Polo



LOBEIRA, San Vicente

Lobeira - 32850

Rvdo. Sr. D. Roberto Álvarez Sánchez



LOBIOS, San Miguel

Lobios - 32870

Rvdo. Sr. D. José Antonio Formoso Salgado



MANÍN, San Salvador

Lovios - Aceredo - 32870

Rvdo. Sr. D. José Antonio Formoso Salgado



MAUS DE SALAS, Santa Baia

Muiños - 32880

Rvdo. Sr. D. Miguel Blanco Grande



MONTELONGO, Santa Cristina

Bande - Porto Quintela - 32910

Rvdo. Sr. D. Roberto Álvarez Sánchez



MUIÑOS, San Pedro

Muiños - 32880

Rvdo. Sr. D. Florentino Cortés Domínguez



NIGUEIROÁ, Santiago

Bande - 32846

Rvdo. Sr. D. Jorge Juan Pérez Gallego



OLELAS, Santa María

Entrimo - 32869

Rvdo. Sr. D. Jacobo Curto Polo



PARADA DE VENTOSA, San Pedro

Muiños - 32896

Rvdo. Sr. D. Segundo Fernández Movilla



PARADA DO MONTE, Santa Eufemia

Lobeira - 32858

Rvdo. Sr. D. Roberto Álvarez Sánchez



PEREIRA, San Facundo

Entrimo - 32868

Rvdo. Sr. D. Jacobo Curto Polo



PORQUEIRÓS, San Andrés

Muiños - 32880

Rvdo. Sr. D. Flortentino Cortés Domínguez



PRADO DE LIMIA, San Salvador

Muiños - 32898

Rvdo. Sr. D. Florentino Cortés Domínguez



REGADA, Nosa Señora de Fátima

Lovios - 32879

Rvdo. Sr. D. José Antonio Formoso Salgado



REQUIÁS, Santiago

Muiños - 32880

Rvdo. Sr. D. Miguel Blanco Grande



SANTA COMBA DE BANDE, San Torcuato

Bande - Portoquintela - 32846

Rvdo. Sr. D. Segundo Fernández Movilla



SOUTO DE LIMIA, Santa María

Muiños - 32899

Rvdo. Sr. D. Manuel de la Fuente Velo



TORNO, San Salvador

Herdadiña - 32892 (Lobios)

Rvdo. Sr. D. Álvaro Selas Gómez



VAL DE RIOCALDO, Santa María

Lobios - 32870

Rvdo. Sr. D. José Antonio Formoso Salgado



VENCEÁS, Santo Tomé

Entrimo - 32868

Rvdo. Sr. D. Jacobo Curto Polo



VILARIÑO DE LOBEIRA, San Xés

Lobeira - 32850

Rvdo. Sr. D. Roberto Álvarez Sánchez



XERMEADE, San Miguel

Muiños - 32898

Rvdo. Sr. D. Florentino Cortés Domínguez



Pueblos: 172 . - Capillas: 87

Centros Educativos: Grupo escolar e Instituto en Bande. Grupos escolares en Muiños, Entrimo y Lobios